eMPedra é unha empresa de transformación e colocación de materiais naturais e artificiais coma o granito, o mármore, a pizarra, as calizas e areniscas, o cuarzo tecnolóxico (Silestone, compac...) e outras novidades.
Para os nosos proxectos partimos da demanda, os gustos e os intereses dos clientes, pero tamén contamos co persoal cualificado para o voso asesoramento.
Coa nosa actividade dámoslle continuidade á coñecida empresa Mármoles Cerqueiro e incorporamos a nosa experiencia, interés e o noso carácter innovador neste sector.